Nova Acrópole é unha organización internacional filosófica que se sustenta en tres principios fundacionais:

1- Fraternidade

Promover un ideal de fraternidade universal, baseado no respecto pola dignidade humana, máis alá das diferenzas raciais, de sexo, culturais, relixiosas, sociais, etc.

Olimpiadas Infantiles, organizadas por el centro de NA en Johannesburgo (República Sudafricana), con donación de los beneficios a actividades solidarias.Cumpre promover o respecto polas diversas identidades e tradicións, e á vez fortalecer a unión máis alá das diferenzas, harmonizar persoas, ideas e sentimentos nunha convivencia enriquecedora e aberta. Este ideal de fraternidade acha a súa forza no que nos une máis que no que nos separa. Afírmase no recoñecemento de valores universais que, respectando a diversidade, transcenden os propios usos e costumes locais e conflúen nuns principios éticos comúns, inherentes á dignidade de todo ser humano. Este ideal promove o respecto e fomento dos dereitos humanos, así como o recoñecemento duns principios de ética universal.

 

 

2- Coñecemento

Fomentar o amor pola sabedoría que, a través do estudo comparado de filosofías, relixións, ciencias e artes, promova o coñecemento do universo, a natureza e o ser humano.

V Feria del Voluntariado en Guatemala. Organizada por el Programa de las Naciones Unidas para el Desarrollo. Participación de Nueva Acrópolis.O amor á verdade e o coñecemento, parte da lexítima aspiración por desenvolver o propio discernimento e comprensión do mundo e dun mesmo. Entendemos a filosofía como eixe que relaciona as diferentes facetas e vertentes do coñecemento humano.
A filosofía pode unir as fontes do pasado e o presente nesa visión global, ampla e integradora, transformándoa nun verdadeiro motor do progreso que busque non só indagar nos camiños da vida, senón afondar nas súas finalidades, e que trate de xuntar todos os aspectos do saber e da experiencia.

 

 

 

3- Desenvolvemento

Desenvolver o mellor do noso potencial humano, promovendo a realización plena como individuos e a nosa integración na natureza e a sociedade, non como meros espectadores senón como actores dun mundo a mellorar. O noso traballo redunda en mellores individuos que dean sostibilidade ao desenvolvemento social.

Voluntarios asistentes a la "4ª Jornada de Reforestación", realizada en colaboración con el Ministerio de Medio Ambiente en Villa Altagracia, Provincia de San Cristóbal, situada en la Zona Sur de la Republica Dominicana.O ser humano garda aínda un enorme potencial latente. Coñecelo e desenvolvelo supón un dos piares fundamentais da propia vida e unha fonte de satisfacción perdurábel. O logro da harmonía entre pensamento, sentimento e acción é unha meta para todo ser humano. Un desenvolvemento equilibrado e global dun mesmo, a realización das mellores calidades e valores da nosa natureza humana, son probablemente a única garantía cara un mundo mellor.